O sábado 6 de maio tivemos a visita da compañía Elefante Elegante que viña co seu espectáculo de contos teatralizado "O Xigante".
Un grupo de vintecinco nen@s acompañados dos seus pais escoitaron e gozaron coa historia do xigante, baseada nun conto de Oscar Wilde, e á que Gonçalo Guerreiro lle dou a súa impronta persoal.
A actividade, cofinanciada entre a Consellería de Cultura e o Concello, forma parte do programa Ler conta moito e o obxectivo é, ademais de dinamizar o centro, a creación e mantemento do hábito lector no público máis novo.
Bibliotecas públicas de todos e para todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario