Como cada ano a biblioteca prepárase para estas festas e que mellor maneira de facelo que escoitando un conto de temática navideña.
Onte foi o día para os máis pequenos, nenos entre os tres e os cinco anos.
O conto elexido foi "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Algún neno xa o coñecía pero igualmente todos botamos unhas risas. Cris tamén nos falou do Apalpador...incluso cantamos unha canción!
As mesas enchéronse de papeis de cores, tesoiras e ceras. Os rapaces
traballaron na elaboración dunha árbore navideña.
Os nenos mostran os traballos que levaron para os seus fogares.
Posando diante da árbore navideña da biblioteca. Este ano é un pouco especial xa que é de papel e imos decorala entre todos. Onte fixeron unhas estrelas que xa lle fomos colocando.
A semana próxima tócalle aos maiores. O xoves 22 ás 12.00h da mañá teremos a actividade para os nenos de 1º e 2º de Primaria e o venres á mesma hora para os nenos de 3º en diante.
Inscríbete xa!!
A semana próxima tócalle aos maiores. O xoves 22 ás 12.00h da mañá teremos a actividade para os nenos de 1º e 2º de Primaria e o venres á mesma hora para os nenos de 3º en diante.
Inscríbete xa!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario