A revista Románico: revista de arte de amigos del romániCO entrou na biblioteca grazas a unha doazón do seu director, Augusto Guedes de Castro, que estivo vinculado a Caldas a través do IES Aquis Celenis, centro onde foi profesor durante varios anos.
É unha das poucas publicacións de arte editada en Europa sobre este estilo polo que pode ser de interese para estudantes e curiosos da materia.
Moitas grazas!!!
Parabéns por todas as interesantes actividades da biblioteca caldense, moitas horas da miña infancia pasei nela coa maxia das verbas. Eu frecuentaba esa biblioteca alá polos anos 1967, 1968 e 1969, cando se atopaba nun dos baixos da Casa do Concello. Un amigo que frecuentaba a biblioteca comigo era o profesor e tantas outras cousas, José Antonio Búa Barreira. Noraboa e moitos éxitos. (Xermán M. Torres).
ResponderEliminarMoitas grazas polas súas verbas. Son reconfortantes e anímannos a seguir co noso traballo. Un saúdo
ResponderEliminar