Desde 1997 e por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil celébrase o Día da Biblioteca. O obxectivo é concienciar á poboación da importancia que ten a biblioteca como lugar de encontro de lectores e como ferramenta para mellorar a formación e a vida das persoas.
A Biblioteca Municipal de Caldas de Reis tamén quixo participar do día.
Regalamos libros e marcapáxinas.
Pola tarde houbo sesión de contos. Cristina fixo unha breve presentación recordando a todos os presentes, grandes e pequenos, que era o que se celebraba onte na biblioteca.
E como non podía ser doutra maneira rematamos con contos. Soledad Felloza fíxonos pasar unha tarde fantástica a grandes e pequenos con historias cargadas de humor que fixeron que as risadas, por un día, se escoitaran en toda a biblioteca.
GRAZAS POLA VISITA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario