Na súa ampla obra salientan títulos como Cartas de inverno, Corredores de sombra, Aire negro, Non hai noite tan longa...
A biblioteca conta cunha ampla representación da súa obra e invitamos a grandes e pequenos a coñecela.
Agustín Fernández Paz [Fot. Santos Díez; da fototeca da AELG] |
Fai uns anos, creo recordar que polo 2009, e durante unha das edicións do Festival Cultura Quente a Biblioteca Municipal puxo en marcha unha actividade titulada "Un río de palabras".
Inspirounos para facela un dos relatos que aparecía nun dos seus libros "O único que queda é o amor", Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2008. Esta obra abordámola no club de lectura esa temporada e de aí saíu a idea.
Puxémonos en contacto co autor para explicarlle a actividade e de xeito moi amable apoiou a iniciativa e concedeu gustoso a deixar que se usase para a mesma o título do seu relato.
Pechamos este recordo coas palabras que hoxe no Diario de Pontevedra Kiko Da Silva lle adica ao seu amigo :
"Despídome sabendo que somos o rastro que deixamos e que ti deixaches un moi longo ateigado de verbas e personaxes fermosos"
Ningún comentario:
Publicar un comentario