O xoves pasado tivemos a reunión de febreiro do club de lectura.
Delirio, obra do autor David Grossman (Jerusalen, 1954), suscitou unha entretida conversa e os comentarios foron case unánimes: lectura tediosa e lenta, nalgúns momentos confusa... ainda que houbo voces discordantes como Estrella e Cristina que gozaron coa súa lectura e a defenderon na reunión.
PARA LER CON CALMA! |
A obra trata dos celos obsesivos dun home pola súa parella, infundados, pero tan reais que se converten no centro da súa vida e todo narrado a través de longos parágrafos e descricións minuciosas onde coñecemos ata os máis mínimos detalles sobre os pensamentos dos personaxes principais. A gran riqueza de vocabulario e o impresionante manexo da linguaxe foron dúas características do libro nas que coincidimos case todas.
Este texto es una creación de Devoradora de libros y no está permitida su copia.
Este texto es una creación de Devoradora de libros y no está permitida su copia.
Este texto es una creación de Devoradora de libros y no está permitida su copia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario