O
24 de febreiro cúmprese o aniversario do nacemento da nosa poeta por
excelencia, Rosalía de Castro e desde a biblioteca queríamos celebralo achegando a súa figura e sobre todo a súa obra aos máis novos.
Para elo o xoves 25 contamos con Marisa Irimia, coñecida ilustradora e contadora, que xa nos visitou noutras ocasións.
A
actividade está dirixida aos rapaces de 4º de Primaria dos centros
educativos do Concello polo que nos xuntaremos un bo grupo e por motivos
de espazo será preciso facela no Auditorio Municipal.
¡Olliños de gloria!
¡Cariña de meiga!
¡Apértame ben, corasón de manteiga!
(Vente, rapasa)
Ningún comentario:
Publicar un comentario