mércores, 20 de xaneiro de 2016

Presentación de Seique

O venres 15 de xaneiro gozamos escoitando a Susana Sánchez Aríns que se achegou ata a Biblioteca de Caldas para presentarnos o seu último libro Seique. Novela, poesía, ensaio...non se pode encaixar en ningún dos tres xéneros, é un "híbrido" como alguén apuntou. Acudiu acompañada de Carmen Loureiro, "atenta lectora e medio filósofa" tal coma a definiu a autora e en efecto, ten un pouco de todo iso e máis, e as súas interesantes aportacións completaron ás de Susana.
 Seique é unha xoia literaria, tal como a está demostrar o seu alto nivel de vendas e a boa acollida entre lectores e crítica. De feito, está considerada como unha das mellores publicacións en galego do ano 2015. A súa lectura atrápate desde a súa primeira liña, provoca emoción no lector@, incitando ademais á unha reflexión crítica de certos aspectos históricos.
O dito, unha xoia!

Moitas foron as persoas que se achegaron a coñecer ben preto a autora!

Ningún comentario:

Publicar un comentario