Gústache contar contos aos máis pequenos?
Sabes da importancia da oralidade na formación dos rapaces?
A Biblioteca Municipal inicia a actividade Ti tamén contas onde os adultos protagonizarán sesións de contos para nen@s na biblioteca.
Os maiores contarán contos e os peques escoitarán.
Os maiores gozarán e os peques pasmarán
Sen dúbida será unha actividade fermosa para todos os participantes. Pretendemos formar un grupo de pais, nais, avós, avoas, tíos e tías... En definitiva, calquera persoa que esté disposta a embarcarse no marabilloso mundo das contadas ao tempo que participa nunha nova experiencia.
Faremos grupos de traballo e o persoal da biblioteca vos axudará na busca daqueles libros que sexan máis adecuados, dos títulos que máis gustan, practicaremos a narración do conto, ensaiaremos e crearemos nalgúns casos material de apoio para a sesións.
Achégate á charla informativa o día 3 de outubro e non te perdas o obradoiro da excepcional Charo Pita!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario