A Biblioteca Pública Municipal remata a súa tempada de actividades e como ven sendo habitual a sesión de peche é para os máis pequenos da casa.
O venres 12 de xuño tivo lugar unha actividade para bebés. Fíxose no
Auditorio Municipal e asistiron unha veintena de nenos acompañados dos
seus pais. Para algúns deles era o seu primeiro contacontos.
Fran Buceta e Marta Faílde, os integrantes de Avoa Youja, fixeron un espectáculo visualmente moi atractivo, onde a música e os obxectos foron elementos claves na creación dunha atmosfera moi especial dirixida a estimular os seus sentidos e imaxinación.
Iago e Martín, dous dos máis pequenos, disfrutando coas súas nais |
Ningún comentario:
Publicar un comentario