O mes de novembro chega cargado cun feixe de novidades para grandes e pequenos.
Podedes consultar o listado completo aquí:
O mes de novembro chega cargado cun feixe de novidades para grandes e pequenos.
Podedes consultar o listado completo aquí:
Esta tempada volvemos a vernos as caras no club de lectura...Por fin!. Para cumprir as medidas sanitarias e manter as distancias, tivemos que facer dous grupos polo que as reunións agora fanse o último mércores e xoves de cada mes.
![]() |
| Participantes na sesión do mércores |
Porén todos coincidimos en que se trataba dunha novela que tiña moitos fíos dos que tirar: a maternidade, os servizos sociais, a protección dos menores, os prexuizos, o maltrato e a enfermidade entre outros temas.
O humor é outra constante na historia o que xerou "sentimentos encontrados" ao tratar asuntos graves cunha dose moi grande de ironía e comicidade.
As reunións foron enriquecedoras ao aportar visións diferentes da lectura e foi moi grato para todos volver despois de tanto tempo á presencialidade.
O próximo libro sobre o que conversaremos no club os vindeiros 24 e 25 de novembro é Fálame do silencio do xornalista coruñés Pablo L. Orosa.
Este mes, o 24 de outubro, festéxase o día das bibliotecas e como nos gusta que os usuarios participen e sexan protagonistas das actividades que se levan a cabo repartimos unhas tarxetas de parabéns onde cun debuxo, un poema, un breve texto ou unha viñeta mostraran o seu cariño polas bibliotecas.
A biblioteca pública ten a obriga de dar a coñecer os seus fondos e agora tócalle a unha parte da colección moi demandada por algúns dos nosos usuarios e darlle, se cabe, unha maior visibilidade: o cómic.
Durante o mes de outubro haberá unha pequena mostra procedente da sección de cómic da biblioteca. O obxectivo é achegar uns cantos títulos de banda deseñada aos nosos usuarios. Nunha mesa á entrada do centro poñeremos un feixe de obras dirixidas a todas as idades, con xéneros e temáticas diferentes onde estarán representados clásicos do mundo do cómic e algunha que outra novidade.
Preparamos un pequeno tríptico onde se detallan os títulos seleccionados así como dúas das actividades que dinamizan esta mostra e que precisan da colaboración dos nosos usuarios e usuarias.
Por unha banda a participación dos lectores recomendando algún título de cómic para o que deberán enviarnos un breve comentario e unha foto súa co exemplar do que nos fala ao enderezo electrónico biblioteca@caldasdereis.com. Estas aportacións serán subidas ás redes da biblioteca para darlle a máxima difusión á actividade.
En segundo lugar e para xogar un pouco, confeccionamos algunhas máscaras que estarán a disposición de grandes e pequenos para que por un momento se transformen en Super Patata, Naruto ou Astérix e facerlles unha divertida fotografía sempre e cando teñamos o seu permiso.
Non están todos os que son, pero son todos os que están... Para calquera dúbida pregúntanos a través das redes ou enviando un correo a biblioteca@caldasdereis.com ou no teléfono 986530604. O tríptico podedes consultalo aquí:
Voltamos de novo co club de lectura pero agora xa de forma presencial!. Debido ás distancias que hai que gardar imos desdobrar o grupo polo que faremos duas quendas: o último mércores e último xoves de mes. O título do libro que imos ler é "No somos los únicos que llevamos este estúpido apellido" da autora francesa Marie-Aude Murail. Esta temporada tamén se dou entrada a unha persona máis quedando equilibrados os dous grupos.
Como sempre desexamos que as reunións sexan o máis gratas posibles, compartindo lecturas e descubrindo puntos de vista diferentes.
O ciclo de actividades "A biblioteca no xardín" organizado pola Biblioteca Municipal "P. M. Martínez Ferro" a finais de agosto e principios de setembro tivo tanto tirón como as que se levaron a cabo no mes de xullo.
Ante o novo panorama provocado polo Covid-19 e ante a imposibilidade, polo de agora, de desenvolver actividades na biblioteca, decideuse o pasado verán, trasladalas ao parque-xardín, e se o tempo non acompaña, ao Auditorio, onde podemos gardar as distancias de seguridade sen problema.
Desta volta houbo dúas sesións que se fixeron no auditorio polo mal tempo. En total acudiron unhas 160 persoas entre nenos e adultos. Houbo maxia, contos e música da man de O Mago Paco, Pablísimo, Expresión Produccións e Bandullo Azul. Estas catro actividades que se desenvolveron nas mañás da semana do martes 31 de agosto e venres 3 de setembro estan cofinanciadas polo programa Ler conta moito.