A Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis “P. M.
Martínez Ferro” organizou o pasado venres 4 de outubro a actividade “Contando
números, cantando cores” a cargo de Pablo Díaz. O músico coruñés moi coñecido pola xente miuda grazas aos seus traballos discográficos e
colaboracións fíxonos pasar un rato divertido entre contos e cantos que tamén nos fixeron reflexinar sobre a igualdade de xénero.
luns, 7 de outubro de 2019
xoves, 26 de setembro de 2019
luns, 16 de setembro de 2019
Elas pintan moito
O pasado venres 13 de setembro ás 19:00h e organizado pola Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro" tivo lugar a sesión de contos "Elas pintan moito" de Migallas Teatro.
Foi unha actividade lúdica, didáctica e moi participativa onde a través da obra de catro pintoras fixemos unha viaxe polo mundo.
Sonia Delaunay, Yayoi Kusama, Frida Khalo e Xulia Minguillón foron as protagonistas da actividade encadrada no programa Ler conta moito e financiada polo programa do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
A rapazada pasouno moi ben. Grazas a todas e todos pola vosa asistencia!
martes, 10 de setembro de 2019
mércores, 14 de agosto de 2019
Fíos e papel
O 5 de agosto houbo moita creatividade na biblioteca, grazas á compañía Teatro Marionetas Trécola e foi canalizada cara a creación de marionetas pequenas e xigantes.
Os nenos e as nenas, cada quen seguindo a súa intuición, elaboraron incribles personaxes que decoraron ao seu xeito.
Con materiais sinxelos e cotiás e moita imaxinación, cada quen saiu co seu peculiar monicreque articulado.
"Fíos e papel" resultou ser un obradoiro do máis creativo.
martes, 30 de xullo de 2019
O paroleiro na biblioteca
Onte, luns 29 de xullo, tivemos a visita de "O Paroleiro" na biblioteca municipal.
Un grupo de rapaces escoitaron contos, rimas e cancións da man de Pablo Sánchez "Pablísimo". Coma sempre foi un pracer telo de novo en Caldas de Reis.
Un grupo de rapaces escoitaron contos, rimas e cancións da man de Pablo Sánchez "Pablísimo". Coma sempre foi un pracer telo de novo en Caldas de Reis.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)