luns, 16 de setembro de 2019

Elas pintan moito


O pasado venres 13 de setembro ás 19:00h e organizado pola Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro" tivo lugar a sesión de contos "Elas pintan moito" de Migallas Teatro.


Foi unha actividade lúdica, didáctica e moi participativa onde a través da obra de catro pintoras fixemos unha viaxe polo mundo. 

 


Sonia Delaunay, Yayoi Kusama, Frida Khalo e Xulia Minguillón foron as protagonistas da actividade encadrada no programa Ler conta moito e financiada polo programa do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.



A rapazada pasouno moi ben. Grazas a todas e todos pola vosa asistencia!






martes, 10 de setembro de 2019

mércores, 14 de agosto de 2019

Fíos e papel


O 5 de agosto houbo moita creatividade na biblioteca, grazas á compañía Teatro Marionetas Trécola e foi canalizada cara a creación de marionetas pequenas e xigantes.


Os nenos e as nenas, cada quen seguindo a súa intuición, elaboraron incribles personaxes que decoraron ao seu xeito. 



Con materiais sinxelos e cotiás e moita imaxinación, cada quen saiu co seu peculiar monicreque articulado. 




"Fíos e papel" resultou ser un obradoiro do máis creativo.

 

martes, 30 de xullo de 2019

O paroleiro na biblioteca

Onte, luns 29 de xullo, tivemos a visita de  "O Paroleiro" na biblioteca municipal.


Un grupo de rapaces escoitaron contos, rimas e cancións da man de Pablo Sánchez "Pablísimo". Coma sempre foi un pracer telo de novo en Caldas de Reis.



venres, 26 de xullo de 2019

O espantamedos na biblioteca de Caldas

O luns 22 de xullo estivo na Biblitoeca municipal Inacio Vilariño de Fantoches Baj.
Veu cargado de contos de medo e cancións arrepiantes que fixeron que a grandes e pequenos se lles puxeran os pelos de punta, eso si, con moitas risas que fixeron que a mañán fora inesquecible.


A actividade está cofinanciada entre a Xunta de Galicia e o Concello de Caldas de Reis a través do programa Ler conta moito.