luns, 2 de outubro de 2023

Outono cultural


 O outono ven cargadiño de actividades. A biblioteca tamén está presente neste calendario cunha presentación dun libro, sesións de contos e obradoiros.

Seguro que atopas algunha que se adapte aos teus gustos!

Club de lectura: nova tempada 2023-24

 


Iniciamos este "curso" con moitas ganas, xente nova e novo calendario. Voltamos a reunirnos nun único grupo o último xoves de cada mes. A obra que comentaremos a finais de outubro é El vagón de las mujeres de Anita Nair.


 


luns, 3 de xullo de 2023

Recta final

 A recta final do trimestre estivo chea de actividades.

 Para mostra un botón:

O 5 de maio estivemos con Iseo a Moura e "A grandeza do pequeno".


Trémola Teatro presentounos o 19 de maio "A gran aventura dos animais"

.


O 2 de xuño o Mago Paco deixounos "Unha maxia diferente".


 
 
Integrantes do club de lectura participaron do roteiro Castelao pola cidade de Pontevedra o sábado 10 de xuño.


Ata o último momento tivemos visitas escolares. Foi un pracer pechar cos maiores de infantil do CPR San Fermín.


Non esquecemos aos máis novos. Charo Pita contou para eles o venres16 de xuño.



Por suposto non nos olvidamos da última reunión da tempada do club de lectura que como é habitual fíxose tomando uns viños nun local do pobo.

Grazas a todos pola vosa participación!



sábado, 3 de xuño de 2023

Club de lectura de maio

 O pasado mes de maio os dous grupos do club de lectura reunímonos para comentar a obra "Os vellos non deben de namorarse" de Alfonso R. Castelao. Para a meirande parte dos integrantes do club foi unha segunda lectura pero, coma sempre, atopamos elementos novos e compartimos puntos de vista diferentes. Coñecemos algo mellor sobre o seu proceso de escritura así como algunha que outra curiosidade ao redor dunha obra tan recoñecida da nosa literatura.

O vindeiro e último libro da tempada é Nus de Manuel Gago. 



venres, 12 de maio de 2023

Coñece a túa biblioteca

Como é habitual a biblioteca presenta cada novo curso escolar o programa Coñece a túa biblioteca aos distintos centros educativos do Concello de Caldas de Reis.  O obxectivo é dar a coñecer á rapazada os recursos, organización e servizos da biblioteca municipal, así como achegalos o libro e a lectura preséntandolles de forma amena e divertida aqueles materiais que poidan despertar a súa curiosidade. A animación á lectura está presente nas visitas polo que estas adáptanse tanto en contidos como formato aos distintos cursos e niveis.

 O pasado mes de abril visitaron a biblioteca os nenos e nenas de Infantil do CPR La Encarnación. Durante tres mañáns gozaron coa Cociña dos contos da biblioteca. 

Grazas ao profesorado polo interese e implicación nestas actividades!

 

Os máis pequenos estiveron atentos e moi participativos.
 
Os de 5º de Infantil axudaron a preparar un rico menú de conto.

Os rapaces de 6º de Infantil estiveron o 24 de abril e polas súas caras deberon pasalo ben.



Sesión de contos con Trémola Teatro