Como xa sabedes andamos a encher de contidos o facebook da biblioteca: Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis e queremos facelo participativo, que mellor que con iniciativas como esta que nos recordan que a lectura é unha das mellores formas de pasar o noso tempo de lecer.
xoves, 2 de abril de 2020
mércores, 1 de abril de 2020
Facebook da biblioteca municipal
Onte, por fin, publicamos a páxina oficial de facebook da Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis. Queremos deste xeito abrir unha nova canle de comunicación cos nosos usuarios e esperamos convertilo nun espazo participativo que sexa de utilidade para os veciños e veciñas do pobo.
2 de abril, Día do Libro Infantil
Este é o cartel do Día Internacional do Libro Infantil (ano 2020) que se celebra cada 2 de abril conmemorando a data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Co cartel, ilustrado por Damijan Stepancic, acompáñase a mensaxe de Peter Svetina "Fame de palabras".
Máis información: http://www.galix.org/2020/03/2-de-abril-dia-internacional-do-libro.html
martes, 31 de marzo de 2020
Accede a Galicia Le
A Rede de Bibliotecas de Galicia brinda a posibilidade de darse de alta desde a casa na plataforma de préstamo electrónico "Galicia Le" e así acceder á Biblioteca Dixital da rede.
Unha vez rematada a corentena deberedes achegarvos á biblioteca para obter o carné se queredes continuar co acceso a GaliciaLe.
Se tedes algunha dúbida ou problema podedes poñervos en contacto coa biblioteca no seguinte enderezo: clublecturacaldas@gmail.com.
Intentaremos axudarvos!
venres, 13 de marzo de 2020
Peche do servizo
A Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro" estará pechada os próximos 15 días e as actividades programadas quedan suspendidas debido ás medidas que desde o Concello de Caldas de Reis se tomaron para a prevención da pandemia do Coronavirus (COVID-19).
Os préstamos pendentes de devolución serán prorrogados tantas veces como sexa preciso. Se algún usuario/a recibe un aviso da plataforma non terá ningunha validez ata que a situación se volva a normalizar.
sábado, 7 de marzo de 2020
martes, 3 de marzo de 2020
Club de lectura
O pasado xoves tivemos a reunión do club de lectura e o comentario case foi unánime entre as persoas que estábamos alí: "La novena hora" non emocionou. A súa lectura non é complicada, os temas plantexados son varios e moi interesantes, os personaxes son bos... pero a maioría non nos identificamos ca historia. Sen embargo, e aquí está a maxia do club, a Jesús, un dos integrantes encantoulle e aportou unha visión diferente.
O vindeiro libro a ler é Sol de inverno dunha autora xa coñecida no club de lectura, Rosa Aneiros.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




