sábado, 16 de novembro de 2019

Conversas en inglés

A primeira reunión da temporada 2019-2020 de Conversas en inglés retrasouse un pouco, pero hoxe, por fin, empezamos de novo e con forza. Hai dúas novas incorporacións o que fan un total de once participantes no grupo.


Non están todos os que son, pero son todos os que están!

luns, 4 de novembro de 2019

Club de lectura

A primeira reunión do club de lectura da temporada foi, como case sempre, unha posta en común das lecturas que fixemos durante o verán, recomendacións dos títulos que máis nos gustaron, etc.

Por suposto non faltou o coloquio sobre a novela obxecto da reunión, La hija del este de Clara Usón. Como é habitual houbo a quen lle gustou moito a obra fronte a quen lle costou incluso rematala.
A autora tomou como punto de partida un feito real, o suicidio de Ana
Mladić, filla de Radko Mladić coñecido polo alcume do carniceiro da guerra dos Balcáns.

A novela destaca tanto pola ficción da historia persoal de Ana e do seu pai como pola parte de historia, moi documentada, que nos vai aclarando a situación da zona que entrou en conflicto durante a década dos anos 90 en Europa.
Un libro moi interesante que nos fai reflexionar e coñecer un pouco máis sobre a historia máis reciente do noso vello continente.

A seguinte reunión do club  terá como lectura a debatir "Historia de la violencia" de Édouard Louis.

luns, 7 de outubro de 2019

Contando números, cantando cores




A Biblioteca Pública Municipal de Caldas de Reis “P. M. Martínez Ferro” organizou o pasado venres 4 de outubro  a actividade “Contando números, cantando cores”  a cargo de Pablo Díaz. O músico coruñés moi coñecido pola xente miuda grazas aos seus traballos discográficos e colaboracións fíxonos pasar un rato divertido entre contos e cantos que tamén nos fixeron reflexinar sobre a igualdade de xénero.




luns, 16 de setembro de 2019

Elas pintan moito


O pasado venres 13 de setembro ás 19:00h e organizado pola Biblioteca Pública Municipal "P. M. Martínez Ferro" tivo lugar a sesión de contos "Elas pintan moito" de Migallas Teatro.


Foi unha actividade lúdica, didáctica e moi participativa onde a través da obra de catro pintoras fixemos unha viaxe polo mundo. 

 


Sonia Delaunay, Yayoi Kusama, Frida Khalo e Xulia Minguillón foron as protagonistas da actividade encadrada no programa Ler conta moito e financiada polo programa do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.



A rapazada pasouno moi ben. Grazas a todas e todos pola vosa asistencia!






martes, 10 de setembro de 2019