mércores, 18 de outubro de 2017

Tirando do fío: contos para todos e todas


O martes 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca e como sempre queremos festexalo. Este ano contamos cunha sesión de contos a cargo de Fátima Villamel e a nosa pretensión é que pequenos e grandes pasen unha tarde estupenda na biblioteca municipal, a biblioteca de todos.

mércores, 11 de outubro de 2017

Tardes de medo na biblioteca


Durante tres venres consecutivos do mes de outubro vanse visionar tres películas de medo na biblioteca. Esta actividade organizada polo Cine Clube Itinerante Autoxestionado está moi ligada ás vindeiras datas do Samaín e estará apoiada por unha pequena mostra de libros e películas de terror que temos na biblioteca. Animámosvos a participar!

sábado, 30 de setembro de 2017

Obradoiro creativo de cine


A Lanterna máxica é un cóctel entre literatura, teatro e cine. Os participantes serán os verdadeiros protagonistas dunha actividade breve pero intensa. Prazas limitadas!

martes, 26 de setembro de 2017

Construíndo o noso libro ilustrado

Os rapaces de Caldas demostraron a súa creatividade guiados pola ilustradora Minia Regos de Gargallando. 

 

O obradoiro está encadrado no programa Ler conta moito. Entre os seus dedos e a súa imaxinación crearon golfiños con todas as cores do arco da vella, bruxas arrepiantes, baleas xigantes, paisaxes de costa... tal vez recordo dos recentes días de praia? Vimos montañas xigantescas e interiores asombrosos. 
































 

Entre as dúas sesións, celebradas os sábados 16 e 23 de setembro, lograron levar para a súa casa o seu propio conto ilustrado que seguro lle será de inspiración para vindeiras obras de arte.



Parece que o pasaron ben. Ata outra rapaces!

luns, 11 de setembro de 2017

Construíndo o noso libro ilustrado


Rematamos cos traballos de mantemento e lavado de cara da biblioteca e que mellor que comezar cun obradoiro onde realizaremos o noso propio libro ilustrado experimentando con varias técnicas de ilustración.
Será divertido!

luns, 14 de agosto de 2017

A biblioteca pecha por reformas


 A partir do 17 de agosto a Biblioteca Pública Municipal pechará o servizo de atención ao público para facer tarefas de mantemento e mellora das súas instalacións (pintado e limpeza). Intentaremos abrir o antes posible. Para calquera dúbida poñédevos en contacto con nós ben a través do teléfono (986530604) ou no seguinte enderezo electrónico biblioteca@caldasdereis.com

Desculpade as molestias.