mércores, 23 de marzo de 2016
martes, 22 de marzo de 2016
Amor, erotismo e morte na biblio!
O 20 de marzo foi o Día da Narración Oral e a biblioteca celebrouno por adiantado polo que o venres 18 ás 21.00 horas veu visitarnos Charo Pita co seu espectáculo "Contos de amor, erotismo e morte"
Foi quen de engaiolar á trintena de persoas que acudiron a escoitar os seus contos onde as risas, o humor e a musicalidade tamén estaban moi presentes.
Grazas a ela lembramos a maxia das historias ben narradas!
Nesta ocasión tocounos a nós, aos adultos, gozar dos contos.
luns, 14 de marzo de 2016
Conversas en inglés
Hai prazas libres no grupo de "Conversas en inglés na biblioteca". Se estás interesado achégate ata o Paseo Román López ou chámanos por teléfono.
sábado, 12 de marzo de 2016
Contada para adultos
Desde a Biblioteca Municipal queremos festexar a celebración neste mes de marzo do Día da narración oral e reivindicar que o conto e a capacidade de fabulación non teñen idade.
Achégate ata a biblioteca e goza coas boas historias!
xoves, 10 de marzo de 2016
A grande depresión americana
A Asociación Zona Afectada organiza esta actividade coa que coñeceremos un pouco máis sobre este período histórico. Achégate ata a túa biblioteca!
mércores, 9 de marzo de 2016
As cores dos nen@s: contacontos de igualdade
Onte foi un día especial na biblioteca. Era o Día da Muller e preparamos unha sesión de contos moi divertida pero que nos fixo pensar un chisquiño. Cris trouxo nun baúl historias abraiantes...
A historia dunha parella "encantadora"... |
Un touro pacifista ao que lle gustaba o arrecendo das flores |
Ou a dos monos que foron a Londres a aprender inglés! |
Rematamos cun baile e con Xavi facendo unha observación moi acertada...
FOI TODA UNHA FESTA!
mércores, 2 de marzo de 2016
Na busca de creador@s
Desde a biblioteca municipal pretendemos organizar encontros con veciños
que se dediquen, de xeito profesional ou como afección, a calquera das
variadas disciplinas artísticas, escritura, pintura,
fotografía...Achégate e solicita información.
martes, 1 de marzo de 2016
Club de lectura
O xoves pasado tivemos a reunión de febreiro do club de lectura.
Delirio, obra do autor David Grossman (Jerusalen, 1954), suscitou unha entretida conversa e os comentarios foron case unánimes: lectura tediosa e lenta, nalgúns momentos confusa... ainda que houbo voces discordantes como Estrella e Cristina que gozaron coa súa lectura e a defenderon na reunión.
PARA LER CON CALMA! |
A obra trata dos celos obsesivos dun home pola súa parella, infundados, pero tan reais que se converten no centro da súa vida e todo narrado a través de longos parágrafos e descricións minuciosas onde coñecemos ata os máis mínimos detalles sobre os pensamentos dos personaxes principais. A gran riqueza de vocabulario e o impresionante manexo da linguaxe foron dúas características do libro nas que coincidimos case todas.
Este texto es una creación de Devoradora de libros y no está permitida su copia.
Este texto es una creación de Devoradora de libros y no está permitida su copia.
Este texto es una creación de Devoradora de libros y no está permitida su copia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)