sábado, 30 de xaneiro de 2016

De bruxas e herexías

O xoves 28 de xaneiro tivemos a reunión do club de lectura. Tocoulle o turno á obra "La herbolera" de Toti Martínez de Lezea. Trátase dunha novela histórica que foi do gusto da maioría dos integrantes do club ainda que, como sempre, houbo voces discordantes polo que a conversa foi moi animada.

Algunhas das participantes na conversa cos seus libros

 


De lectura fácil e moi ameno a historia  adentrounos no mundo das tradicións de Euskadi e de feitos acaecidos no século XVI en Bizkaia onde a Inquisición levou a cabo un proceso contra un grupo de persoas acusadas de herexía e bruxería.
O libro do que falaremos en febreiro é "Delirio" de David Grossman.

martes, 26 de xaneiro de 2016

A muller no cinema americano denantes da censura

 A Asociación Zona Afectada está a levar a cabo a actividade "A muller no cinema americano denantes da censura".
O xoves pasado proxectaron na biblioteca Tarzan an his mate. Tivo unha duración de pouco máis de hora e media e non recordaba o divertidísimas que podían ser estas películas ... Todo un acerto!
Mañán, mércores 27 de xaneiro, ás 21.00h e tamén na biblioteca, tócalle o turno á pelicula dos anos 30 The divorcee.  Protagonizada por Norma Shearer que gañou un oscar pola súa interpretación é un drama romántico dirixido por Robert Z. Leonard que poderemos ver en versión orixinal subtitulada. De seguro que o pasaremos ben!


mércores, 20 de xaneiro de 2016

Presentación de Seique

O venres 15 de xaneiro gozamos escoitando a Susana Sánchez Aríns que se achegou ata a Biblioteca de Caldas para presentarnos o seu último libro Seique. Novela, poesía, ensaio...non se pode encaixar en ningún dos tres xéneros, é un "híbrido" como alguén apuntou. Acudiu acompañada de Carmen Loureiro, "atenta lectora e medio filósofa" tal coma a definiu a autora e en efecto, ten un pouco de todo iso e máis, e as súas interesantes aportacións completaron ás de Susana.
 Seique é unha xoia literaria, tal como a está demostrar o seu alto nivel de vendas e a boa acollida entre lectores e crítica. De feito, está considerada como unha das mellores publicacións en galego do ano 2015. A súa lectura atrápate desde a súa primeira liña, provoca emoción no lector@, incitando ademais á unha reflexión crítica de certos aspectos históricos.
O dito, unha xoia!

Moitas foron as persoas que se achegaron a coñecer ben preto a autora!

martes, 12 de xaneiro de 2016

sábado, 2 de xaneiro de 2016